A historia do Mellor Banco do Mundo comeza alá polo ano 2009, cando se colocan diferentes bancos na costa de Loiba para potenciar as visitas. Rafael Prieto, veciño de Loiba, solicita a colocación dun deles no Miradoiro do Coitelo.
Créese que foi no verán dese ano cando alguén escribe na parte traseira do banco a frase “The Best Bank of de World”.
O Picón comeza a ser incluído nos folletos turísticos e ata se habilita unha oficina de información turística en Loiba, dado o notable incremento de visitantes, non solo polo banco se non pola beleza e vistas da súa costa.
Durante o 2013 “O Mellor Banco do Mundo” será protagonista de diferentes campañas publicitarias autonómicas e nacionais.
Pero o que lle fama internacional será unha imaxe nocturna dende o miradoiro do Coitelo, do fotógrafo viveirense Dani Caxete, que da a volta ao mundo ao resultar premiada no Certame Internacional de fotografía de Ceos Nocturnos, do Proxecto TWAN.
