COMO CHEGAR

Autobús

A compañí­a Arriva une Ortigueira coas principais cidades galegas. Podes pagar en efectivo ou coa tarxeta de transporte metropolitano da Xunta. Para consultar toda a información sobre rutas e horarios na súa web: https://arriva.es/gl/galicia/para-viaxar/linas-horarios

Ferrocarril

A liña férrea de Ferrol a XixónFEVE– ten estación en Santa Marta, en Ponte Mera e en Santa María de Mera, e apeadoiros en Espasante e Loiba. Se non che queda claro podes chamar ao número de teléfono gratuíto 900908931 de atención ao cliente. Na web de Renfe tamén podes ver os horarios de paso. Neste ferrocarril de vía estreita os billetes pódense mercar a bordo e tamén se poden subir bicicletas sen desmontar.


Podes chegar a Ferrol dende outras cidades como A Coruña ou Santiago de Compostela en tren de media distancia. Podes consultar os horarios en https://www.renfe.com/es/gl Este billete hai que mercalo nas máquinas de autovenda, na web de Renfe ou nas taquillas das estacións.

Avión

Os aeroportos de Santiago de Compostela e Alvedro -na Coruña– están a 130 e 90 Km. de Ortigueira, respectivamente. Ambos os dous reciben voos nacionais e internacionais con carácter diario.

Podes obter información sobre as compañí­as que operan neles e as rutas que cobren na web de Aeroportos Españois e Navegación Aérea –AENA https://www.aena.es/es/pasajeros/nuestros-aeropuertos.html

Coche

A principal ví­a de comunicación é a estrada AC-862 de Ferrol a Foz e Ribadeo, que conecta en Neda coa AP-9 pola que se chega á Coruña, cun percorrido total de 99 Km. dende a capital do noso municipio. A distancia ata Ferrol é de 53 Km. Desta estrada, que é, ademais, a principal arteria de comunicación saen cara á costa e ao interior outras ví­as polas que se accede ás diversas parroquias e aldeas do termo municipal.

Outra posible opción, dende Madrid, é coller a autoví­a A-6 ata o desví­o de Rábade (saí­da 510) ou Baamonde (saí­da 523). Pasando por Vilalba e As Pontes de Garcí­a Rodrí­guez, chégase a Ortigueira pola AC-101. Esta ruta remata na área empresarial de Cuíña e conecta coa AC-862 que leva ata o núcleo da Vila.

Se vas vir en coche podes calcular a túa ruta e obter información adicional na Guí­a Interactiva Repsol.