Ruta dos cantís de Céltigos

Mapa da ruta

Ampliar

PUNTO DE PARTIDA:
Praia de Santo Antón en Espasante. 43°43'18.47" N 7°48'17.66" O
PUNTO DE DESTINO:
Mazorgán (Céltigos). 43°43'42.40" N 7°46'59.17" O
DISTANCIA:
3,5 km (só ida).
TIPO DE SINALIZACIÓN:
Pivotes de madeira


Como chegar?

No km 57,8 da AC 862, toma o desvío a Espasante e avanza ata chegar á praza de Santo Antón, onde poderás aparcar e iniciar o camiño. Tes ademais a posibilidade de utilizar o FEVE, que conta con estación na vila mariñeira.

O que vas atopar:

  • Praias para todos os gustos. A dos surfistas, Santo Antón; Eirón, a de quen busca calma total; Bimbieiro, o pequeno areal familiar; Ribeira Ouriceira, de díficil acceso e punto de faena de pescadores.
  • Tramos de costa, en estado puro, con espazos por descubrir como a Punta Badeixa ou a praia da Mansa.
  • Panorámicas impresionantes do Cabo Ortegal.