Museo Ortegalia

O Museo Ortegalia, dependente da fundación que leva o mesmo nome, ten como principal obxectivo a divulgación do patrimonio do Ortegal.

O museo permite realizar un percorrido ilustrativo a través da historia, prehistoria e protohistoria da comarca. Os fondos dispoñibles están principalmente relacionados coa arqueoloxí­a, sen deixar de lado o punto de vista do patrimonio natural e a actualidade da zona.

A exposición inclue materiais atopados nas excavacións desenvolvidas pola Fundación Ortegalia no contorno de Ortigueira. Estes compleméntanse con medios tecnolóxicos didácticos e interactivos.

De entre todos os elementos que se poden contemplar no museo compre salientar a cámara megalí­tica máis antiga de Galicia, que data do 4.400 a.C.. Sobresaen ademais as reconstrucións virtuais de intervencións nos xacementos arqueolóxicos de Punta dos Prados e Forno dos Mouros.

Horario de visitas

Pechado ata novo aviso.
Desculpen as molestias.
Telf.: 981 402 413

Documentos relacionados