Espasante. Ruta dos mariñeiros

Mapa da ruta

Ampliar

PUNTO DE PARTIDA:
Inicio Paseo Marítimo praia da la Concha. 43°43'02.02" N 7°49' 13.67 O
PUNTO DE DESTINO:
Praia de Santo Antón. 43°43'18.47" N 7°48'17.66" O
DISTANCIA:
2,7 km (só ida).
TIPO DE SINALIZACIÓN:
Pivotes de madeira.


Como chegar?

No punto quilométrico 57,8 da AC 862, toma o desvío a Espasante, ata chegar á Casa do Mar, onde poderás aparcar e iniciar o camiño. Tes ademais a posibilidade de utilizar o FEVE, que conta con estación nesta vila.

O que vas atopar:

  • Dúas das praias máis frecuentadas do municipio, a da Concha, que conta cun pequeno cordón dunar e na que se atopan restos das antigas fábricas de salgadura que falan da tradición mariñeira da Vila, e a de Santo Antón.
  • O pequeno porto de Espasante, centro neurálxico da actividade pesqueira do municipio.
  • Lugares de interese histórico como o xacemento castrexo de Punta dos Prados ou a Garita da Vela, construción de vixilancia do século XVIII.
  • E, por suposto, Antón, o porco con máis sona do municipio, que pode saírche ao paso en calquera recuncho, porqué é o rei das rúas desta típica vila mariñeira.