Céltigos. Ruta da Pena Furada

Mapa da ruta

Ampliar

PUNTO DE PARTIDA:
Mazorgán (Céltigos). 43°43'42.40" N 7°46'59.17" O
PUNTO DE DESTINO:
Acceso a Ribeira do Carro en Loiba. 43°44'09.80" N 7°45'53.48" O
DISTANCIA:
2,3 km (só ida).
TIPO DE SINALIZACIÓN:
Pivotes de madeira


Como chegar?

No km 59 da AC 862, na parroquia de Espasante, colle o desvío cara a Mazorgán e, ao chegar a este lugar, busca un sitio onde o coche non moleste..

O que vas atopar:

  • Monte ao pé do mar.
  • Un bo exemplo de construcións tradicionais de Galicia, no lugar do Rubido.
  • A praia virxe máis longa do "Camiño da Costa", Sarridal. Un areal ata hai ben pouco inaccesible, coa impresionante Pena Furada, como emblema.
  • Un miradoiro excepcional para facerse coa postal característica do Sarridal e para albiscar os auténticos monumentos naturais, esculpidos polo mar bravo da veciña parroquia de Loiba.